A compositora Elsa Muñiz surca o mar de Arousa e o río ulla cun piano de cola para poñer en valor O Camiño

24 Novembro 2022

A beleza dun Camiño, o do Mar de Arousa e Río Ulla; o talento feminino e emerxente, o da pianista Elsa Muñiz; e unha innovadora posta en escena son os ingredientes de Navegando o
camiño, un proxecto no que a música e a creación audiovisual se fusionan para enxalzar os valores naturais, humanos e culturais deste itinerario xacobeo que conmemora a translación dos restos do Apóstolo Santiago no seu último tramo. Navegando o Camiño preséntase este
venres, 25 de novembro, ás 20h, no Pazo de Goiáns, nun acto que contará coa presenza da compositora, Elsa Muñiz; Manuel Mariño Nin, fundador da Asociación de Amigos do Camiño de
Barbanza e Arousa; e o concelleiro de Turismo do Concello de Boiro, Carlos Rodríguez Muñiz.
Producido por Sonaxe Producións e co financiado pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo, en Navegando o camiño un piano de cola enriba dunha embarcación acompaña ao espectador nun percorrido por esta ruta marítimo fluvial que avanza entre vilas, praias e bateas, acompañado por una peza exclusiva da compositora boirense Elsa Muñiz, que se inspirou no Camiño de Santiago para creala.
Co obxectivo de achegar a riqueza paisaxística e patrimonial desta vía, que, enmarcada polos
portos de Ribeira e O Grove, percorre unhas corenta millas náuticas ata a antiga Iria Flavia e
logo 25 quilómetros a pé ata Santiago de Compostela, desde Sonaxe contaron tamén con
Cristina Cerqueiras, que ten máis de 420.000 seguidores en Instagram. Así, a influencer
protagoniza xunto a Elsa Muñiz este vídeo que buscou cativar aos máis novos a través das
redes sociais, cunha preestrea en Tik-Tok, Instagram e Facebook, e que estará dispoñible en
YouTube desde mañá venres, tras a presentación, na canle de YouTube de Elsa Muñiz.
Aposta polo talento feminino e emerxente.

Esta aposta polo talento feminino e emerxente é a base de Navegando o Camiño, que supón ademais a primeira viaxe en barco cun piano de cola e música a bordo pola Ruta Traslatio.
Nesta itinerario, que inclúe a singradura polo Mar de Arousa e Río Ulla e finaliza o tramo a pé ata Santiago de Compostela, Elsa, acompañada polo seu piano e diferentes peregrinos, vai percorrendo as localidades de Vilagarcía, Illa de Arousa, Catoira, Valga, Pontecesures, Ribeira,
A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Rois, Teo, Ames e Santiago, onde remata este singular periplo audiovisual cun piano de cola na praza do Obradoiro. Navegando o Camiño contou tamén coas colaboración dos concellos de Boiro, Ribeira e Santiago.
Sobre Elsa Muñiz A pianista e compositora Elsa Muñiz publicou o seu primeiro disco, Memories, no ano 2018, co que superou os dous millóns de escoitas en Spotify. Tras este, veu un libro, que baixo o título “Memories: sete pezas para piano”, mestura literatura, ilustración e música. Con esta obra, Muñiz inaugurou un novo concepto dentro da música clásica, “o pianotelling”, que fai referencia á música instrumental combinada con microrrelatos autobiográficos, nos que se inspiran as pezas, e acompañados de ilustracións. Muñiz é tamén autora de Angrois, unha peza que compuxo a noite do accidente ferroviario e que interpretou nunha sentida homenaxe ás vítimas no ano 2020.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.