Licitada en Ribeira a mellora da accesibilidade na rúa Monumento

24 Novembro 2022

O Concello de Ribeira vén de licitar as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade na rúa Monumento en Ribeira, unha intervención que ten un orzamento de 39.926,69 euros e un prazo de execución dun mes e medio a partir da formalización do contrato.

O Concello explica que “de acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais os obxectivos principais residen en mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nunha rúa que ten un pavimento bastante deteriorado e unhas beirarrúas cuxos bordos non están rebaixados nalgúns pasos de peóns, o que dificulta o tránsito peonil, especialmente por parte das persoas con mobilidade reducida”.

Para poñer remedio ao devandito vaise estender unha nova capa de mestura bituminosa en quente previo fresado do firme actual, en tanto que as beirarrúas serán demolidas en todas as zonas onde será preciso rebaixalas de xeito que cumpra cos requisitos de accesibilidade esixidos na normativa vixente.

As empresas interesadas dispoñen ata o 2 de decembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.