Alecrín e o Concello de Rianxo achegan dende este mes de novembro dous obradoiros de baile

21 Novembro 2022

Esta tempada imos ter unha boa oportunidade para perfeccionar as nosas habilidades en diferentes modalidades de baile. Poderemos facelo a través de Bailas?, da Asociación Alecrín, programa de obradoiros gratuítos para “a difusión e a promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella”.

En Rianxo

O programa Bailas? chega a Rianxo da man do Taller Alecrín en colaboración co Concello de Rianxo, onde se traballarán dúas modalidades de baile: linedance e baile social.

Os obradoiros desenvolveranse os domingos pola tarde-noite unha vez ao mes dende novembro de 2022 a febreiro de 2023, e terán un custo por persoa de 15,00 €.

Máis información e inscricións no teléfono 698 150 432.

O Obradoiro de Linedance preséntase con inscrición individual e vai orientado a persoas que desexen una toma de contacto co baile a través de diferentes ritmos como o swing, a polka, ou o funky, ata ritmos tropicais como a bachata ou a kizomba; pola súa banda o de Baile Social ofrece unha escolma de bailes estándar, latinos e tropicais que van dende o vals ou o tango ata a o merengue e a bachata pasando pola rumba ou o cha-cha-chá, obradoiro orientado ao traballo en parella.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.