O sábado Festival Folclórico en Dodro

14 Novembro 2022

O próximo sàbado 26 de novembro ás 18h no Local Social do Montiño en Imo, (Dodro)  a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño celebra a súa cita do FESTIVAL FOLCLÓRICO 2022 e ademais faráse un especial recoñecemento a Tomás do Rego “O Gaiteiro de Bexo” que leva mais de setenta anos tocando a gaita e foi mestre de toda unha xeración de gaiteiros da comarca.

Un dos grupos cos que tocou foi “Os Rosales” de Asados xunto con Pepe Romero e Maruxa Miguéns que tamén asistirá ó festival.

Foi fundador do grupo “Aires da Nosa Terra” de Laíño co que tocou en numeroasa festas e certames folclóricos por todo o país e colaborou con outros grupos da comarca do Sar e a Arousa. 

Os grupos participantes neste FESTIVAL FOLCLÓRICO 2022 serán: Aires do Río Vello, Os Centenarios, Xoldra, Os Liantes, Chorima, Os Mersenarios e para rematar o grupo folclórico da Asociación de Veciños de San xoán de Laíño: Foliada do Montiño.

A Asociación de Veciños convida a toda a veciñanza da comarca a este festival que rematará con unha foliada libre e pinchos para todos os asistentes. 

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.