Comezan cinco días de cinema documental en Outes

29 Outubro 2022
Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO. Marcos Gallego, Manuel González, Xus … co, Marisol Amado, Ramón Collazo. Fotos: Sam Ponsford

No día de hoxe celebrouse a primeira xornada da V Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, organizada polo Concello de Outes e patrocinada pola Deputación de Coruña e a Xunta de Galicia.  Comprometida co medio mariño e o sector pesqueiro, procurando xerar conciencia sobre a necesidade de coidar o mar coma un dos recursos naturais máis valiosos que temos, MDFDM2022 é patrocinadora do Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) 2022, promovido pola FAO e liderado en España polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España. Asemade, a Mostra MDFDM é asinante do Pacto Cultura Sustentable, comprometido coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Nesta primeira xornada, tivo lugar a gravación e retransmisión dixital dende o Náutico do Freixo dun especial do programa da Radio Galega “Mar de Ardora”, centrado no mundo do mar. Presentado e dirixido por Xusto López Carril, contou coa participación de Manolo González (alcalde de Outes), Marcos Gallego (director da Mostra MDFDM), Marisol Amado (Presidenta da Agrupación de Mariscadores a Pé da Confraría San Bartolomé de Noia), Xisela Franco (cineasta e curadora en festivais) e Ramón Collazo (presidente de Agalcari).

A Inauguración oficial da Mostra tivo lugar ás 17:30 h nun acto celebrado na Casa da Cultura de Outes, na Serra de Outes da man do director da Mostra, Marcos Gallego, do alcalde Manuel González e do deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto. Tralo acto, proxectouse o filme inaugural desta V edición de Mares da Fin do Mundo. O filme elixido para abrir a Mostra foi Luzzu, de Alex Camilleri (Malta/Estados Unidos, 2021), unha obra de ficción que documenta as dificultades dun pescador maltés por manter o seu medio de vida e tradición familiar. Do mesmo xeito, inaugurouse unha exposición fotográfica que conmemora o Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais 2022. As obras expostas están cedidas polo fondo fotográfico da FAO.

Ás 20:00 h proxectouse a obra From the Wild Sea, da directora danesa Robin Petré (2021). Trátase do  primeiro filme da sección Proa, na que se programan filmes e cineastas que traballan na vangarda do cinema da realidade, que nesta edición porá o foco no impacto humano sobre a fauna mariña.

Fotos: Sam Ponsford

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...