O fotógrafo Manuel Valcárcel leva a Portosín unha colección de imaxes que nos convida a repensar a nosa relación coa auga

28 Outubro 2022

Estes días (até o 1 de decembro e dende onte xoves 27) pode verse en Portosín, na Casa da Cultura, unha mostra que xorde directamente da enriquecedora confluencia entre arte e solidariedade. Tratase de Auga o sangue da terra, un proxecto do fotógrafo Manuel Valcárcel abeirado ao programa #CulturaPorAlimentos, que nos permite doar produtos de necesidade primordial cada vez que visitemos a exposición. Estará dispoñíbel de luns a venres en horario de 8:00 a 13.00 horas e de 17:00 a 19:30 horas.

Un intre da inauguración da mostra

Indo ao miolo da mostra, trátase dunha impactante colección de fotografías que nos leva por numerosos puntos do planeta na procura do ben máis prezado: a auga.

O obxectivo de Manuel Valcárcel foi “enfocar un factor vital para o funcionamento do globo e que pasa desapercibido en occidente”, amais de concienciar á poboación sobre a importancia dun uso racional e responsábel da auga. A colección está composta de imaxes obtidas en diferentes recantos do planeta, por exemplo Nova Zelandia, o río Ganxes, as plantacións de arroz da China, Níxer ou o deserto de Atacama, así como ao lucense río Lor, onde a presenza ou a ausencia da auga determinou culturas, paisaxes e ecosistemas.

A mostra conta coa colaboración do Concello de Porto do Son, xunto a Abanca e a Afundación Obra Social Abanca.

Manuel Valcárcel transmite deste xeito a súa mensaxe: “A auga, elemento vital ao que quixen render humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras porque, quen somos os seres humanos para crernos por riba da nai natureza? que escultura existe tan fermosa como, por exemplo, a elaborada pola auga na praia das Catedrais na costa lucense? ou que viaxe máis sinxela e á vez máis trepidante, cá dunha folla caendo ao río, deixándose arrastrar pola súa corrente ata chegar ao mar?”

Esta exposición enmárcase como dixemos no programa Cultura por Alimentos, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...