O Concello de Ribeira vai presentar alegacións ao proxecto para prohibir a pesca deportiva en Rúa

28 Outubro 2022

O Concello de Ribeira anunciou que vai presentar alegacións ao proxecto para regular os usos na illa de Rúa, pertencente ao termo municipal ribeirense, e que poderían implicar a prohibición da pesca deportivo e o acceso á mesma. O propio alcalde Manuel Ruiz informou da preparación destas alegacións á directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, transmitíndolle “a preocupación existente con relación a algúns puntos incluídos no proxecto de regulamento de usos en Rúa e Areoso”, proxecto que está actualmente en trámite de audiencia e que lle foi comunicado ao Concello a efectos de posíbeis alegacións.

Neste senso, dende o Goberno Local enténdense “que non hai razóns ou fundamentos para prohibir o exercicio da pesca deportiva en case 11 quilómetros cadrados da ría de Arousa”. Ademais, engaden, “no que atinxe á illa de Rúa, o Executivo local considera que se debería repensar a prohibición absoluta á hora de acceder a ela, tendo en conta a relativamente escasa presión humana que rexistra, así como as súas calidades diferenciais en canto á súa orografía e configuración con respecto aos outros dous illotes”.

O alcalde recibiu ademais a aclaración de que este documento “non pretende impedir o paso de embarcacións recreativas pola área afectada tal e como podería dar pé unha posíbel interpretación do mesmo”.

En base a estes puntos o Concello ten previsto presentar as correspondentes alegacións, e ademais o alcalde manterá unha reunión nas próximas datas con Belén Docampo, quen recordou que o texto está en período de suxestións e manifestou que a intención da súa Dirección Xeral é escoitalas e analizalas para introducilas no seu caso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...