Xosé Ricardo Losada presentará en Rianxo o seu novo libro, gañador do Premio Viadutos de Novela

11 Novembro 2019
O escritor de Rianxo nunha imaxe de Xerais

O Auditorio de Rianxo vai acoller o venres 29 de novembro a presentación de A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada, obra gañadora do segundo Premio Viadutos de Novela 2019. O acto, impulsado pola Asociación Cultural Barbantia, dará comezo ás 20.30 horas e contará coa presenza do autor.

Xosé Ricardo Losada nado en Rianxo en 1961 e colaborador habitual de Barbantia, é un importante escritor da comarca (é responsábel, entre outras obras senlleiras, da novela Bótame deste mar fóra e a escolma poética Dez anos de poesía, Premio Faustino Rey Romero en 2008), amais de ser un destacado biógrafo de Manuel Antonio (é autor de Vida e misterio dun poeta galego, un dos máis salientábeis achegamos á traxectoria vital e artística do autor de De catro a catro).

O pasado verán deuse a coñecer que a súa nova contribución literaria, A casa xunto ao volcán, foi finalmente a gañadora da nova edición, a segunda, do Premio Viadutos de Novela, que convoca o Concello de Redondela. Respecto do argumento da obra galardoada, que será editada por Galaxia, é unha aposta polas voces novas femininas (a protagonista é unha adolescente) e pola importancia de reivindicar o pensamento crítico fronte ao conformismo que se impón na sociedade: trátase dunha defensa da filosofía e do seu relevante papel para cambiar o mundo e mesmo para atopar respostas aos grandes desafíos do noso tempo. O xurado salientou da novela “a importancia que lle devolve ao ensino como axente creador de persoas íntegras e libres”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...