Carlos Blanco estará este 22 de outubro cos seus mellores monólogos

18 Outubro 2022

A Área de Cultura do Concello de Rianxo programou unha nova función co humorista, actor e narrador oral arousán Carlos Blanco. Será este sábado 22 de outubro ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal, co espectáculo Os mellores monólogos, que recompila algúns dos principais fitos da carreira de Blanco en materia de narracións orais. As entradas poden adquirirse a través da web Ataquilla. A entrada ten un custe de 12 € + gastos de comisión.

En Os mellores monólogos Carlos Blanco brinda un repaso polas súas narracións orais máis coñecidas, entre as que se atopan As bravas de Arousa ou As grandes frases das nosas avoas e avós. Será unha hora de humor cun dos máis singulares e recoñecidos representantes da comedida no ámbito galego.

Carlos Blanco é un actor de Vilagarcía de Arousa cunha ampla traxectoria teatral, tamén como autor e director. Foi presentador da Radio Galega e traballou en múltiples programas e series de televisión para a TVG, sendo o de Ladislao na serie Mareas Vivas, onde tamén exercía de guionista, o papel que o deu a coñecer en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.