A Pobra impulsa un Campionato de Futbolín e de Dardos para a mocidade

14 Outubro 2022

O toldo da praza Alcalde Segundo Durán converterase no 21 de outubro, ás 20.30 horas, en escenario dun Campionato de Futbolín e de Dardos dirixido a xente nova que supere os 14 anos de idade. O concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), explica que A Pobra Moza! consiste nunha iniciativa que busca estimular e diversifica-lo ocio da xuventude, a cal terá continuidade nas vindeiras semanas con outras propostas.
Para participar na actividade do próximo venres disponse ata o día 20 para anotarse a través da seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc3ybFauBIHT5_GKTSfe51U97UndERxAcXRVGXFVsXbrzlqZQ/viewform.
Os premios consistirán en vales de compra para empregar en www.deanshop.es cun total de tres distincións en ámbalas disciplinas: 40 euros para o primeiro posto, 30 para o segundo e 20 para o terceiro.
A maiores, a xornada estará amenizada pola cabina Chocolate ata as 01.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.