O BNG esixirá á Xunta recursos para a saúde mental e que recorra o veto á pesca de fondo

11 Outubro 2022

O BNG anunciou que vai reclama á Xunta, no próximo pleno do Parlamento, a dotación dos recursos que precisa a sanidade pública para atender á saúde mental e que presente “de maneira inmediata” un recurso xudicial contra o veto da Comisión Europea á pesca de fondo.     

Así o adiantou logo da reunión da xunta de portavoces a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, quen avanzou que a pregunta da portavoz nacional, Ana Pontón, ao presidente da Xunta estará centrada nos recursos dos que dispón Galiza para atender a saúde mental na sanidade pública, que son, segundo avanza a agrupación, “a todas luces insuficientes nun contexto marcado ademais por unhas necesidades crecentes neste ámbito de actuación”.

Rodil dixo que “en Galiza hai máis de 10.000 persoas agardando por unha primeira consulta, segundo os datos do Colexio de Psicoloxía e o Movemento Galego de Saúde Mental”, e “que o tempo medio de espera para que unha persoa sexa atendida por primeira vez sitúase entre os 6 e os 9 meses”.

E engadiu: “Só hai 129 profesionais de psicoloxía clínica no SERGAS, o que representa unha ratio de menos de cinco profesionais por cada 100.000 habitantes cando a recomendación da OMS son, como mínimo, 12 por cada 100.000 habitantes”.

De igual xeito, Rodil avanzou que o Bloque reclamará ao Executivo galego nunha proposición non de lei a “presentación inmediata do recurso xudicial” contra o veto ás artes de fondo en 87 zonas pesqueiras, un recurso que considerou “é máis que unha demanda xudicial, é un acto de dignidade colectiva; de facer valer Galiza e os dereitos sociais e económicos deste País fronte ás institucións europeas que levan décadas achicando e achicando a frota galega con decisións coma esta”.

Nesta liña, avogou por “redobrar os esforzos en todos os ámbitos” para paralizar a decisión europea que vén de entrar en vigor e, segundo afirmou, “aí a Xunta ten que asumir tamén a súa responsabilidade como Goberno galego na defensa dun sector estratéxico para Galiza”. E engadiu: “A voz en contra da decisión europea é unánime neste país e por iso é urxente que a Xunta se poña a traballar para presentar ese recurso, porque vai levar atrás del a todo o país”.

Ademais destes asuntos, o BNG tamén defenderá outra proposición non de lei para esixir a retirada da rebaixa fiscal para as e os ricos que pretende impulsar o PP nos orzamentos de 2023 coa bonificación do 50% do Imposto de Patrimonio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.