A AECC de Ribeira organiza o vindeiro 15 de outubro unha andaina solidaria contra o cancro

07 Outubro 2022

A delegación en Ribeira da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) vai organizar unha andaina solidaria o vindeiro sábado 15 de outubro a partir das 17.30 horas. Realizarase baixo o lema Ribeira en marcha contra o cancro. Nesta edición, o colectivo local da AECC conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Carreira para a o deseño da ruta.

A intención é que sexa “unha andaina familiar e accesíbel”, sinalaron as persoas integrantes da asociación, engadindo que será unha camiñada na que poderán participar adultos, nenos, xente en cadeira de rodas ou carros de bebé. Segundo especificou o presidente deste grupo de veciños, Moncho Sampedro, “tratarase dunha ruta urbana, cun percorrido por zonas peonís, con saída e chegada á praza do Concello”. A andaina discorrerá polo paseo da Ameixida, onde os organizadores teñen pensado realizar un acto simbólico.

Na presentación da actividade tamén estivo a presidenta da delegación en Ribeira da AECC, María José Carreira, que explicou que a andaina está enmarcada por outras actividades. Así, este sábado 15 de outubro pola mañá, ás 11.30 horas, os alumnos do Ximnasio Cardalda levarán a cabo unha exhibición na praza do Concello, posteriormente, ás 13.00 horas, a Escola de Baile el Tomasón realizará tamén unha actuación. Os membros da asociación estarán durante esa mañá repartindo dorsais e recollendo inscricións. Contarán ademais coa participación do deportista Abraham Benítez, veciño de Carreira. O custo da andaina é de 5 euros para os adultos e de tres para os menores de 12 anos. A maiores tamén se pode colaborar mercando unha camiseta, de color verde en homenaxe á cor da esperanza, dun prezo de 5 euros. Tras rematar a andaina realizarase un sorteo de 50 premios cedidos polos establecementos colaboradores.

Para anotarse cómpre cubrir un formulario en liña ou inscribirse nun dos seguintes comercios: Xoguetería Voilá, Conxelados Basoñas Mar, Academia Yara, Libraría Master, Deportes Estévez, Atmósfera Champion, Cafetería Samba, Flores e Frutas Betty, Estilismo Lola, Alía deportes, Froitería Mercabarbanza, Ximnasio Cardalda, Escola El Tomason, Café bar da Praia, Perruquería Tina de Castiñeiras, Ultramarinos Lubina, Farmacia Xurxo Ferrón, Café bar Tenerife (Carreira), o quiosco e local de Cáritas (Palmeira), Libraría Aguiño e Estanco de Mercedes Fernández (Aguiño).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.