Alberte Pagán presenta Jalundes en Porto do Son (este venres na Casa da Cultura)

26 Setembro 2022

A Asociación Cultural Barbantia, o xornal La Voz de Galicia e o Concello de Porto do Son organizan este venres 30 de setembro a presentación do libro Jalundes, do escritor Alberte Pagán. Será ás 20.30 horas no salón de actos do Auditorio da Casa da Cultura sonense, no número 1 da rúa Atalaia. Intervirán o concelleiro de Cultura Juan Pouso, o coordinador de Barbantia, Pastor Rodríguez, e máis o propio autor, Alberte Pagán. A vertente musical do acto literario será achegada pola Escola de Música de Porto do Son. A actividade complementarase, neste remate de setembro, coa presentación do número 177 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, que sairá o sábado 1 de outubro co diario La Voz de Galicia.

Jalundes segundo o autor

Jalundes começou a escrever-se no quarto dum hotel de Kathmandu em março de 2020 quando o governo nepalês pechou as fronteiras e o espaço aéreo (inviabilidade de abandonar o país) e decretou o confinamento da populaçom (impossibilidade de sair do hotel). A pandemia que provocou estas medidas foi detonante do relato, mas as múltiplas conversas entre o viageiro e a sua sombra, mais filosóficas que narrativas, levavam tempo aninhando na cabeça. As 224 secçons (pílulas espaço-temporais) topárom abrigo numha estrutura poliédrica inspirada tanto na fragmentaçom da Exposiçom de atrocidades de J.G. Ballard como na literatura aforística de Friedrich Nietzsche.

Jalundes é narrativa sem princípio nem fim (coleçom de pequenos acontecimentos sem significado), é tratado filosófico-político (crítica da razom conformista), é estudo de psicogeografia e de psicopatologia social. Jalundes é retrato da passional carência de paixom de Amaro Ferreiroa. Jalundes é um mosaico no que cada tessela se mantém em equilíbrio entre a sua identidade individual e a nota de cor que aporta ao conjunto. O processo de ordenaçom de cada umha das peças chegou a ser tam laborioso como o da própria escritura.

Jalundes é um elefante na sala (de banho).

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.