A ANPA de Palmeira propón 15 actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes

19 Setembro 2022

A Anpa Ceipp Palmeira sigue co compromiso coa Igualdade e vai completar o Programa que escomezaron no mes de maio, composto por 15 actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado, ás familias, docentes e á comunidade educativa en xeral, dentro das especificacións que indica o procedemento SI449B da Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

  • O vindeiro 30 de setembro do 2022, ás 18:30h, no Auditorio Municipal de Ribeira, desfrutaremos do espectáculo “Asdomare”, interpretado por Rilo&Penadique.

Vero Rilo & Sonsoles Penadique interpretan, narran, cantan e musican historias, contos escoitados nalgún lugar ou escritos nalgún libro, nacidos dende algún lugar de ser. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música dando lugar a un espectáculo de narración oral para crianzas e familias.

Neste espectáculo de 50 minutos de duración, usan a interpretación, a música do acordeón, a voz e o canto para falárennos de historias sorprendentes protagonizadas por mulleres, contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero Rilo e a sutileza musical de Sonsoles.

  • O luns 24 de outubro, ás 16:00h, na Sala de Usos Múltiples do CEIPP de Palmeira, cunha duración de 2h, as familias e docentes teremos un obradoiro de formación pola Igualdade, impartido por Mercedes Urbiola (Pedagoga, especializada no desenrolo humano familiar e Guía Montessori).

“Familias coeducadoras. Educar e crecer en igualdade”: un acercamento á coeducación, educación en igualdade dende o nacemento e durante o noso proceso de desenvolvemento. Falaremos de estereotipos, roles de xénero, socialización diferenciada e desigualdades de xénero e aprenderemos a educar en igualdade a través dos xogos, xoguetes, contos e a través do uso da linguaxe inclusiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.