Empeza a transformación do peirao de Palmeira en base ao anteproxecto deseñado polo arquitecto David Chipperfield e a Fundación RIA

15 Setembro 2022
Transformación do peirao de Palmeira Foto Ramón Ces

A primeira fase deste proxecto global, consistente na urbanización do paseo exterior e da coieira, empezou este xoves cun orzamento de 750.000 euros.

As obras desta fase supoñen a intervención nun espazo de 2.000 metros cadrados e en preto de 400 metros en liña da fachada marítima. Nas actuacións inclúen a mellora do espazo público e da mobilidade mediante a ampliación da zona peonil a carón do mar, sobre a coieira existente, e eliminando a barreira visual que supón o actual muro de peche.

A maiores, crearanse balcóns de pedra e gradas integradas no noiro do paseo, ordenarase a circulación rodada con pasos de peóns elevados e renovaranse os pavimentos e o mobiliario urbano buscando reforzar a súa calidade estética, duración e homoxeneidade dos materiais.

Transformación do peirao de Palmeira Foto Ramón Ces

O proxecto foi presentado o pasado mes de marzo tal como recollemos en “obarbanza.gal”, pola titular de Mar, Rosa Quintana, nunha xuntanza en Ribeira na que participaron o arquitecto David Chipperfield afincado en Corrubedo e o rexedor Manuel Ruiz e na que a conselleira explicou que as actuacións previstas no proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna do porto desenvolveranse en estreita coordinación co Concello de Ribeira e permitirán “renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar e atractiva para os veciños e visitantes”.

Transformación do peirao de Palmeira Foto Ramón Ces

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.