Gastromar Ribeira ofrecerá showcookings, degustacións e un obradoiro de cociña para a rapazada

06 Setembro 2022

A praza de España de Ribeira vai acoller os días vindeiros un evento que reivindica o mellor da nosa gastronomía: os produtos do mar. Estamos a falar de Gastromar Ribeira, que desenvolve os días 10, 11 e 12 de setembro, coincidindo coas festas patronais de Santa Uxía e cun obxectivo claro de enxalzar o noso e poñer o foco naqueles produtos que non adquiren as máis altas cotizacións pero que atesouran as mellores calidades e propiedades. Produtos como por exemplo o congro, a xarda, o lirio, o xurelo, o mexillón ou o choco, entre outros moitos. Na feira haberá foodtrucks (media ducia deles, cada un centrado nun ámbito gastronómico), demostracións (showcookings) e un obradoiro para a rapazada a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro, entre outras actividades.

Na presentación (a semana pasada) participaron os representantes das entidades que fixeron posíbel a materialización do evento: o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez Gude, o alcalde Manuel Ruiz, o patrón maior da Confraría de Ribeira, José Antonio Pérez Sieira, e máis o presidente de OPMEGA (Organización de Produtores de Mexillón), Ricardo Herbón. Amais das ditas entidades (Empresarios, Confraría e Concello), o evento tamén conta na organización coa presenza activa da Confraría de Aguiño e a Lonxa de Ribeira.

Martínez dixo que a organización decantouse por setembro para que non coincidise coas semanas masificadas de xullo e agosto e, tamén, para permitir á cidadanía de Ribeira e dos concellos de Barbanza o máximo desfrute das actividades preparadas. Manuel Ruiz comentou que Gastromar Ribeira é un acontecemento que pon de manifesto a estreita relación da cidade co mar e fixo fincapé na alianza de entidades que fixo posíbel a organización da cita, “unha alianza que vai garantir o máximo éxito e a maior visibilidade”. O presidente de OPMEGA engadiu que “os produtos do mar teñen que ocupar o lugar que se merecen, e Gastromar é unha boa oportunidade para isto”, e o patrón maior comentou que se vai facer un esforzo especial en reivindicar produtos de gran calidade que non acadan altas cotizacións, co obxectivo de achegalos ás familias e a prezos moi accesíbeis.

Precisamente a posibilidade de adquirir mariscos e peixes de gran calidade a custes económicos será unha das razóns de ser de Gastromar Ribeira, que disporá de media ducia de foodtrucks na praza de España (cunha carpa de 400 m2) dende os que facer gala de diferentes formas de preparalos. O programa, amais do dito, tamén inclúe unha sesión vermú o domingo 11 de setembro. O obxectivo das entidades organizacións é distribuír 3.000 racións de peixes e mariscos.

Horarios

-sábado 10, inauguración ás 19:30h e degustación de 20:00h a 23:30

-domingo 11, de 13:30h a 16:00h e de 20:00h a 23.30h

-luns 12, de 13:30h a 16:00h

E a maiores…

Animación musical

Obradoiros de cociña para nenos e nenas, o domingo 11 as 12:00h

Showcooking, o luns 12 as 12:00h

Presentación de Gastromar Ribeira, no local da Asociación de Empresarios

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.