Os fondos mariños das Illas Atlánticas, en “moi bo estado de conservación”, segundo análise con drons subacuáticos

04 Setembro 2022

Os fondos mariños do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia presentan un moi bo estado de conservación, segundo as últimas análises realizadas con drons subacuáticos.

O estudo dos hábitats e especies costeiras submareais realizouse por medio de censos visuais levados a cabo a través de inmersións de equipos de mergullo autónomo que tiveron lugar nos meses de maio e xullo nos 4 arquipélagos que integran o parque. Os tramos elixidos para estas inmersións foron os mesmos que os seleccionados no ano 2014 para traballos previos de seguimento de comunidades biolóxicas.

As filmacións efectuáronse co Seasam Rov, un dispositivo  proporcionado por Zoomare cunha capacidade de alcance de 100 metros de profundidade. A maiores, os mergulladores ían equipados con ordenadores submarinos que rexistraban a profundidade e a temperatura en cada punto do percorrido.

A continuación, levouse a cabo a análise das imaxes no laboratorio coa elaboración dun inventario caracterizado en función da presenza das especies máis notables. Ademais, cuantificouse o número de individuos observados dun total de 21 especies piscícolas, seleccionadas en base á súa presencia habitual nos hábitats do parque e clasificadas baixo as categorías de presente, abundante e moi abundante.

Estado dos hábitats

No caso do arquipélago das Cíes localizáronse 9 novos hábitats con respecto a 2015 mentres que, desde entón, na illa de Ons 6 hábitats experimentaron cambios dando lugar á aparición de 5 novas zonas naturais.

Cómpre salientar que en Sálvora, que conta con 5 hábitats distintos con respecto o estudo feito hai 7 anos, aparece unha zona de roca dominada por invertebrados con corais.

No que respecta a Cortegada, non se observan grandes cambios no fondo dos espazos analizados aínda que manteñen os traballos para retirar exemplares de leituga de mar, logo de detectarse unha elevada presencia desta especie oportunista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.