O PSdeG suma o apoio da Federación Galega de Confrarías á súa campaña de apoio á pesca galega

30 Agosto 2022
O PSdeG SUMA O APOIO DA FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS Á SÚA CAMPAÑA DE APOIO Á PESCA GALEGA
 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reuniuse onte co presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, que respaldou as reivindicacións dos socialistas en apoio á pesca de fondo. Formoso mantivo este encontro logo de recabar o apoio do presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior de Burela, Basilio Otero.
A xuntanza celebrada na sede da Federación contou tamén coa presenza da secretaria de Pesca do PSdeG e portavoz de Pesca no Grupo Parlamentario, Patricia Otero, e a secretaria da FGC, María Rita González.
Os socialistas galegos están a realizar unha campaña de recollida de firmas dende opasado 19 de agosto en resposta á prohibición da pesca de fondo por parte da Comisión Europea. Esta iniciativa conta co apoio e contará ademais coa colaboración da Federación Galega de Confrarías nos 63 pósitos galegos.
O líder dos socialistas galegos explicou que esta campaña, que comezou o pasado 19 de agosto nas 63 confrarías galegas para acadar unha mensaxe unánime de apoio á pesca galega e para reclamarlle á UE que basee as medidas restritivas en informes científicos e datos rigorosos.
Os socialistas galegos reclaman “unha consulta aberta e sinxela cos organismos consultivos de pesca e co sector” para acordar unha aplicación menos lesiva dodenominado “acto de aplicación” para a protección de ecosistemas mariños vulnerables. Sinalan que a decisión debe partir dunha avaliación do impacto social e económico da medida.
Formoso sinala que os socialistas galegos “nin entendemos, nin compartimos” o paso dado pola Comisión Europea, indicando que a decisión “carece de rigor científico” e non ten unha avaliación previa do impacto económico e social que terá. A maior preocupación do líder socialista son o gran número de familias que dependen da pesca de fondo e que “ven ameazado o seu futuro”.
Advirte de que a decisión da Comisión é contraria á realidade dos caladoiros galegos, os cales recuperaron un 51 por cento da biomasa nos últimos 15 anos. Por isto, entende que o sector pesqueiro galego xa estaba actuando con respecto ao medio ambiente e dunha sostible para o ecosistema mariño.
Esta decisión afecta especialmente ás áreas de Burela e Celeiro, no caso de palangre de fondo e volantas e a Vigo no caso do arrastre, así como outros portos, como A Coruña ou Ribeira.
Change.org
Os socialistas galegos amplían a campaña de recollida de sinaturas á plataforma dixital change.org -no seguinte enlace -, para as persoas que desexen asinar o documento online. Esta iniciativa complementa a recollida física de apoios nas confrarías galegas, e busca sumar tamén a outras comunidades autónomas afectadas da franxa Cantábrica, como Asturias, Cantabria ou o País Vasco, e incluso outros países como
Portugal ou Francia.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...