Situación meteorolóxica moi indefinida, coas altas presións moi afastadas pero aínda con aire cálido en superficie e zonas de aire frío en altura. Isto deixará un panorama de ceos pouco nubrados ao principio, con nubes de evolución e tormentas illadas pola tarde no interior.
Nas Rías Baixas predominarán as néboas costeiras. As temperaturas continuarán sen cambios, con lixeiros ascensos no terzo norte e descensos nas Rías Baixas. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con réxime de brisas nas Rías Baixas.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 18° 27° |
| Temperatura da auga (°C) | 15° |
| Índice ultravioleta máx. | 6 |

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:34 | 3.5 m |
| Baixamar | 11:32 | 0.7 m |
| Preamar | 17:46 | 3.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:27 | 3.4 m |
| Baixamar | 11:25 | 0.8 m |
| Preamar | 17:38 | 3.7 m |
| Baixamar | 23:51 | 0.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:31 | 3.4 m |
| Baixamar | 11:29 | 0.7 m |
| Preamar | 17:43 | 3.7 m |
| Baixamar | 23:56 | 0.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



