O Grupo A Misela encherá Portosín de melodías tradicionais iberoamericanas este domingo 28

27 Agosto 2022

O Grupo A Misela, un dos grandes referentes galegos da música tradicional e popular iberoamericana, estará este domingo 28 de agosto nas Festas do Carme de Portosín, actuando na praza do Curro da vila a partir das 21.00 horas.

O Grupo A Misela nace en 2011 a raíz dunha iniciativa de socios da Sociedade Liceo de Noia que comparten o gusto común pola música popular hispanoamericana. Na actualidade a agrupación está formada por unha ducia de compoñentes, 12 voces masculinas acompañadas por instrumentos que están a cargo dos mesmos integrantes: guitarras, requinto, baixo acústico, percusión, charango, frauta, etc. A dirección musical está a cargo do profesor Alejandro Guillermo, que fai os arranxos vocais e instrumentais.

Outros artigos

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...