A Banda de Música da Pobra, protagonista da última fin de semana de agosto

19 Agosto 2022

A Concellaría da Cultura e a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal suman forzas a prol da cultura local e froito deste traballo conxunto é unha nova edición do Ateneo Musical. Será na última fin de semana de agosto e terá como escenario a praza Alcalde Segundo Durán.

A titular desta área, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e Manuel Sobral, director da mencionada entidade melódica, explican que no día 26, ás 22.00 horas, ofrecerán a actuación De tradición xunto con Suso Vaamonde, quen complementará os instrumentos da banda con outros propios do folclore galego.

A programación proseguirá na xornada do día 27, a partir das 20.00 horas, co prato forte do cartel: o VI Festival de Bandas, que se retoma tras dous anos de parada pola pandemia. Contará coa participación da Banda de Coruxo, da Banda de Tenorio e do Ateneo Musical da Pobra.

O evento chegará ao seu remate o día 28, das 21.00 horas en diante, co Concerto de película, a cargo da propia sociedade musical pobrense, que interpretará un total de catorce pezas sonoras de diversos filmes xunto cun soporte visual, creando así un ambiente especial.

A edil puxo a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal como un destacado exemplo de dinamización cultural e creativa, “pois durante todo o verán tivo unha participación elevada e demostrou todo o esforzo extraordinario realizado durante os dous anos previos”.

Doutro lado, o director da banda pobrense puxo en valor o compromiso das familias e da rapazada por todas as horas de traballo e esforzo.

O acceso a todas estas sesións é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...