Adxudicada a dotación de saneamento e abastecemento de auga en Sampedro (Palmeira)

19 Agosto 2022

O Concello de Ribeira informa de que foi adxudicada a actuación dirixida á dotación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga ao lugar de Sampedro, situado na parroquia de Palmeira.

Dende o Concello explican que na actualizade a zona en cuestión “non dispón de redes de saneamento nin abastecemento”, polo que cómpre instalar para a canalización de augas residuais unha tubaxe de 315 metros de longo e 315 milímetros de diámetro, xunto con 16 pozos de rexistro, pola que se conducirán por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo que as impulsará a través doutra rede de polietileno de 245 metros de longo e 90 milímetros de diámetro, ata a súa conexión á rede xeral.

En canto ao abastecemento de auga, instalarase unha tubaxe de 435 metros.

A adxudicación da obra recaeu en Excavaciones Nima (había 16 ofertas presentadas) e comporta unha inversión de 109.883,50 euros, IVE incluído. Está enmarcada no POS+2021 e o prazo de execución son seis meses.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.