O BNG apunta a concentrar o voto “en chave galega”

04 Novembro 2019
Cedida

No mitin de Rianxo, celebrado na tarde do venres 1, o candidato do BNG ao Congreso pola provincia de A Coruña, Néstor Rego, pediulle ás persoas “defraudadas co silencio de deputados e deputadas dos outros partidos en Madrid” que voten “en chave galega”, facendo un chamamento a concentrar o voto no Bloque, aducindo que “é a única forza política galega que se presenta e, polo tanto a que responde ao voto en chave galega.”

Neste senso, Néstor Rego manifestou que a formación nacionalista será a voz “que saque da afonía o noso país”, representando os intereses de Galicia. Así mesmo, sinalou que “o BNG nunca fallou nin nunca fallará a este País. Podedes confiar en nós sen dúbidas para defender con decisión os dereitos sociais, os investimentos, os postos de traballo, salarios e pensións dignas, o dereito a pescar, a ter unha industria sólida, a producir e non ter que emigrar.”

Tamén interveu a ex-deputada Rosana Pérez, quen relatou algúns dos momentos da súa experiencia no Congreso, onde “alí, cando había algún tema sobre o noso país e querían consultar coas ‘galegas’ sempre eramos nós, e iso que había moitos deputados e deputadas doutros partidos, mais, as que todo o mundo recoñecía como ‘galegas’ eramos eu e Olaia Fernández Davila, as dúas deputadas do BNG naquel entón.”

Ademais, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, defendeu a necesidade de ter voz en Madrid referíndose a casos concretos, coma a iniciativa de Francisco Jorquera pola que  en 2007 se conseguira incluír nos orzamentos do Estado unha partida de 700.000 euros destinada á recuperación dos cantís de Tanxil a punta Fincheira. Muíños falou da necesidade de achegar orzamentos para proxectos coma a restauración do pazo do Martelo ou a finalización da casa de Rafael Dieste.

Por outra banda, integrantes do BNG nos municipios de Arousa Norte procederon á pegada de carteis con motivo do arranque da campaña electoral ás 00.00 horas do venres 1, de cara as eleccións xerais do 10 de novembro.

BNG de Ribeira. Cedida
BNG da Pobra do Caramiñal. Cedida
BNG de Boiro. Cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.