Na Pobra o equipo de Medicina Preventiva dará o pregón do Carme dos Pincheiros

18 Agosto 2022

No 19 de agosto comezan na Pobra do Caramiñal os festexos do Carme dos Pincheiros, cuxo pregón
correrá a cargo de Cristina Fernández, xefa de Medicina Preventiva da Área de Santiago de Compostela e Barbanza xunto co seu equipo.
O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), acompañado da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e da concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), puxo de manifesto que a
elección supón un recoñecemento á labor encomiable realizada por todo o persoal sanitario durante a pandemia que se esforzaron ao máximo para salvar vidas.
A decisión de decantarse por Medicina Preventiva e, nomeadamente, por Cristina Fernández, débese á total disposición deste servizo para organizar cribaxes que permitisen detectar os contaxios para así paralizala súa expansión pola localidade, artellando todo o mecanismo necesario para tal fin, sempre, por suposto, co persoal do Hospital da Barbanza e do centro de saúde pobrense en primeira liña, para quen tamén tiveron palabras de agradecemento.
Preténdese así, en palabras do rexedor, comeza-las festas “co espírito da solidariedade.”
O pregón ofrecerase ás 21.00 horas, dende o balcón da casa consistorial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.