Boiro acolle este sábado a edición XXVI da Regata crucero Galatea

18 Agosto 2022


O Concello de Boiro colabora coa edición XXVI da Regata crucero Galatea, unha competición que recala este sábado no Náutico de Barraña. Na presentación, que se celebrou esta mañá, participaron o alcalde, José Ramón Romero, o presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruíz de Cortázar, e o presidente do Náutico de Barraña, Jesús Babio.
Trátase dunha regata de cruceros para barcos ORC e JHC dividida en catro categorías. Ata o momento hai inscritas 21 embarcacións e contase cuns 70 tripulantes totais que chegarán a Boiro este sábado sobre as 19.00 horas.
Está composta de dous traxectos, o primeiro entre Portonovo e Boiro que será o sábado, os regatistas farán noite en Boiro e volverán a Portonovo o domingo.
A proba está organizada polo Club Náutico de Portonovo (CNP), a Real Federación Galega de Vela, a Secretaría Xeral para ao deporte e a Fundación Deporte Galego coa colaboración do Náutico de Barraña e o Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.