“Filósofos, Historiadores, Librepensadores e Talibáns” – Manuel Domínguez

16 Agosto 2022

Nunca coma o día de hoxe foron tan necesarios, os intelectuais, para que a verdade deixe de ser temida, os filósofos e como non os historiadores, sen eles, non se pode comprender o mundo de hoxe, sen eles ocorren os fracasos de estar 20 anos en Afganistán, e chegar ao fracaso do día de hoxe.

Os historiadores, os librepensadores, poden retrotraerse á época, ao ano en que viven os talibáns, o seu ano é 1.443, un historiador, un filosofo ou un librepensador, estaría agora traballando coa España ou a Europa de 1.443 só así se pode entender o seu mundo tenebroso.

En Italia, Galileo Galilei (1564-1642) foi obrigado pola Inquisición a declarar que a súa teoría heliocéntrica era unha hipótese, que situaba ao Sol no centro de todo, en contra da crenza que situaba a Terra como o centro do universo .

Entre 1266 e 1586 realizáronse, só en Francia, polo menos sesenta xuízos contra animais nos tribunais da Inquisición.

Algúns estudos cifran nunhas 60.000 as mulleres que foron executadas por suposta bruxería en toda Europa.

A Inquisición española estaba baixo o control directo da monarquía. A súa abolición foi aprobada nas Cortes de Cádiz en 1812 por maioría absoluta, pero non se aboliu definitivamente ata o 15 de xullo de 1834, durante a Rexencia de María Cristina de Borbón.

Hoxe hai tan só 188 anos que foi abolida a Inquisición, non queda tan lonxe.

Quen non coñece a historia está condenado a repetila.

Que fixeron os USA durante os 20 anos de ocupación en Afganistán? O resultado témolo aquí.
Se os gobernos tivesen a Librepensadores, Filósofos, Historiadores nos seus departamentos de análises isto non ocorrería, cada día son mais necesarios, imprescindibles, sen o coñecemento non haberá paz, nin estabilidade mundial.

Comprensión, entendemento, trasladarse mentalmente ao ano 1400-1500, só desde esa óptica, pódese comprender, comprender para acelerar o proceso de cambio, de evolución.

E non son moitas as persoas que teñen esa capacidade, polo mencionado, historiadores, librepensadores, filósofos, fanse cada día imprescindibles e desde o poder non deben temerlles.
Nin temer aos intelectuais, aínda que a misión destes é ser o aguillón dos gobernos.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.