Adxudicados os traballos para renovar o pavimento das rúas Chaprado e Ceboleira, en Corrubedo, e dotallas de pluviais e saneamento

16 Agosto 2022

O Concello de Ribeira informou da adxudicación dos traballos para renovar o pavimentado e dotar dos servizos municipais de pluviais e saneamento ás rúas Chaprado e Ceboleira, ambas localizadas na parroquias de Corrubedo. Dende o Goberno local explican que na actualidade a rúa Chaprado ten un pavimento de aglomerado asfáltico e non conta con servizos de saneamento nin rede de pluviais, en tanto que a rúa Ceboleira contén un pavimento de formigón e tampouco posúe os servizos aludidos.

A rúa Chaprado en Corrubedo

Na rúa Chaprado vaise instalar un colector de PVC corrugado polo centro da calzada para a canalización de pluviais e un colector de PVC liso para o saneamento. Ademais, aplicarase un pavimento de formigón intercalado con franxas de lousas de granito.

No que respecta á rúa Ceboleira, disporase tamén un colector de PVC corrugado e outro de PVC liso, e no que se refire ao pavimento aplicarase unha solución de formigón.

De entre as 14 ofertas presentadas, a empresa na que recaeu a contratación desta obra foi Mantido S.L. de acordo cunha proposta de 88.044,13 euros, IVE incluído. A actuación está enmarcada no o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+2021 aprobado pola Deputación. O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...