O Colexio Ana María Diéguez de Asados amplía comedor

14 Agosto 2022

O Concello de Rianxo comunicou esta semana pasada o inicio das obras para a ampliación do comedor do Colexio Ana María Diéguez de Asados, co obxectivo de dar servizo aos case cincuenta usuarios do mesmo. A cargo do orzamento municipal o Concello está a realizar obras para mellorar a capacidade do comedor.

Dende o Goberno local engaden que “debido ao aumento da demanda existente e de acordo coa ANPA do Centro estase a realizar un novo tabicado ampliando os espazos que a instalación tiña dedicada a comedor”. Permitirase así chegar ás 46 crianzas que demandan a día de hoxe o servizo e avanzar na conciliación familiar, informou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.