Galicia Ilusiona recala no Son cun espectáculo do Mago Xacobe

09 Agosto 2022

O programa itinerante Galicia Ilusiona (Festival Mundial de Ilusionismo) vai traer a Porto do Son ao Mago Xacobe, para desfrute de nenos e maiores, de veciños e visitantes. Será este 16 de agosto a partir das 11.30 horas, na praza de España da vila de Porto do Son.

O Mago Xacobe é un artista natural de Composela conta con máis de 20 anos de experiencia nos escenarios.

As súas múltiples participacións en Televisión de Galicia sitúano como un dos ilusionistas máis prestixiosos do panorama galego, rexión que alterna coa Comunidade de Madrid onde reside.

Os seus shows están cheos de humor, participación e unha coidada presentación.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.