Adxudicada a creación dunha ruta litoral de paneis sobre patrimonio marítimo entre Palmeira e Corrubedo

03 Agosto 2022

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a creación da ruta litoral Ribeira destino litoral sostible: o mar, un patrimonio visible, formada por 17 paneis instalados entre Palmeira e Corrubedo e coa finalidade de “informar e poñer en valor o pasado, presente e futuro da pesca, o marisqueo e o patrimonio marítimo e industrial das nosas costas”, en palabras do Concello, que engade que están establecidos cinco campos temáticos que se deben cubrir por medio de textos e fotografías: paisaxe e territorio, cultura mariñeira tradicional; actividades en portos, lonxas e prazas de abastos; gastronomía mariñeira; e experiencias turísticas.

O Faro de Corrubedo

Os paneis estarán situados en Palmeira, Coroso, na lonxa e o porto de Ribeira, O Touro, Castiñeiras, praia do Castro, O Carreiro, a lonxa e o porto de Aguiño, o Peirao Fenicio, Couso, O Vilar e na vila e no Faro de Corrubedo.

Ademais, contrátase a adquisición e colocación dos paneis, nos que o material empregado será madeira de pino tratada con autoclave e impreso en vinilo laminado en soporte de aluminio, “o cal lle dá unha maior durabilidade”, especifícase.

A praia do Castro

A licitación da actuación comprendía dous lotes (fotografías, contidos e maquetación para os paneis, por un lado; e adquisición e colocación das estruturas e impresión dos contidos que van nelas, por outro) e en ambos resultou adxudicataria a empresa LAU Creacións, S.L., por cadanseus importes de 9.317 e 22.990 euros, respectivamente.

A actuación está subvencionada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia ao abeiro do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro) Ría de Arousa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.