O Festival Entrebateas quece motores cunha experiencia musical en catamarán

01 Agosto 2022

O Festival Entrebateas regresará a comezos do mes de setembro á Pobra do Caramiñal cun cartel repleto de metal e rock. Como antesala, no 7 de agosto celebrarase unha festa pola ría da Arousa amenizada por Fran Velo como DJ. O embarque no catamarán iniciarase ás 17.00 horas no peirao vello para, deseguido, navega-la costa da Pobra do Caramiñal durante tres horas.

As entradas xa se poden adquirir en www.entrebateas.com, no apartado Summer Party, cun prezo de 10’18 euros.

Organizan conxuntamente a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a asociación cultural Xente ás Leiras.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.