Os socialistas de Ribeira urxen a mellorar a accesibilidade na rúa da Cambra, en Palmeira

28 Xullo 2022

O PSOE de Ribeira, a través do concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentou ao pleno da Corporación un rogo relativo ás características que presenta a rúa da Cambra en Palmeira, unha vía de pendente moi pronunciada no seu primeiro treito de confluencia coa rúa do Monte e que, segundo explica a agrupación, sitúase nunha importante zona de ámbito residencial na parroquia, onde viven persoas maiores, algunhas das cales con discapacidades propias da idade. Os socialistas din que foron estas persoas maiores as que lle comunicaron ao grupo as dificultades que transitar pola dita rúa lles ocasiona, “aumentadas nos días de chuvia, xa que esvaran nas lousas de pedra”.

En virtude do exposto anteriormente, o Grupo Municipal Socialista faille ao grupo de Goberno o seguinte rogo: “Que por parte da Alcaldía, ou delegación correspondente, se proceda á colocación dunha varanda no tramo de meirande perigosidade, nunha lonxitude duns 8 metros, fixada ao chan, para facilitar e axudar a xente maior a remontar a pendente da rúa da Cambra”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.