“Como cambia o asunto” – Antón Luaces

28 Xullo 2022

Durante o período franquista, que abrangue desde o 1 de abril de 1939 (co remate oficial da guerra civil) ao 20 de novembro de 1975 (data do falecemento de Franco) ningún cidadán español podía facer ostentación pública da súa condición de militante de partidos ou organizacións non autorizadas polo Goberno. Nomeadamente do Partido Comunista, de organizacións republicanas, separatistas, sindicais, etc., aos que expresamente se prohibía a convocatoria de actividades públicas alleas a todo aquilo que tivera que ver co “Glorioso Movemento Nacional” e canto concernía a este.

Non obstante -e, por suposto, na clandestinidade- asociacións cidadáns, culturais, etc.,  que nunca deixaban entrever os seus vínculos co PCE (o PCG en Galicia), con sindicatos como as incipientes CC.OO, as antigas  CNT ou a UGT., ou mesmo organizacións como a UPG (en Galicia) realizaban actos -sobre todo conferencias, presentacións de libros, etc.- nos que de xeito non aberto se falaba do que oficialmente estaba prohibido.

Daquela era cando a denominada “policía secreta” ou a “brigadilla” da Garda Civil -dependendo do lugar no que se celebrara o acto-  interviñan ata chegar á detención dos organizadores e, “loxicamente”, de cantos dunha ou doutra maneira levaban a voz cantante no acto. As multas circulaban a esgallo polos despachos oficiais e non se libraban delas doadamente.

Esta actitude represora chegaba a producirse mesmo en actos relixiosos. Durante a celebración destes ou a posteriori, con sancións a sacerdotes cuxas homilías nas misas nos cadraban coas liñas establecidas pola “autoridade competente” na España deseñada polas “forzas triunfantes” na guerra do 36 ou “Movemento Nacional”.

Eran as forzas  da esquerda en calquera das súas múltiples formas ou conceptos, as que se sentían proscritas, vixiadas e severamente castigadas con penas de cárcere ou de carácter pecuniario, que obrigaban a pensar moi ben a participación ou asistencia a ese tipo de actos que, aínda que poucas veces estaban autorizados, tampouco existía sempre unha prohibición expresa da súa realización. O problema viña a posteriori.

Superada esa etapa franquista -e posfranquista- chega ao cabo de trinta anos a aplicación -posterior á súa aprobación- da Lei da Memoria Histórica de España, que recoñece e amplía dereitos ao tempo que establece medidas a prol dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.

Posteriormente, xa nos nosos días, o Goberno  aprobou unha nova Lei de Memoria Democrática coa que se pretende mellorar a devandita Lei de Memoria Histórica aprobada en 2007.

O Executivo español quere, con esta nova Lei de Memoria Democrática levar a cabo diferentes accións para lembrar o acontecido e dignificar ás vítimas do conflito. Deste xeito, a norma condena o golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e a posterior ditadura franquista, que declara “ilegal” a partir de agora.

Dáse a circunstancia de que, ao cabo do tempo, unha parte da cidadanía española, aínda que por motivos distintos (exaltación do franquismo, uso de símbolos do franquismo, celebración de actos incluso de tipo relixioso para “honrar” a franquistas e o franquismo, etc.) está  a celebrar actos ao marxe das leis mesmo en igrexas ou locais nas que se tributa homenaxe a aqueles que a ditadura amparaba.

A diferenza entre unha e outra situación está en que, á marxe do concepto prevalente en cada unha delas, os primeiros tiñan prohibida pola autoridade ditatorial a esencia da liberdade, mentres que agora é a soberanía do pobo, expresada  no Congreso e o Senado, a que restablece aquela esencia dignificando aos que padeceron as consecuencias na ditadura.

As voltas que da a vida.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.