A vindeira semana semana chega ao ecuador a programación cultural para o verán preparada polo Concello da Pobra para o público familiar. A Pobra do Caramiñal despide así o mes con dúas novas actividades de balde das catorce deseñadas para xullo e agosto por parte da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Fran Rei presentarase no día 26, ás 20.30 horas, como Superheroe para salvar a humanidade de terríbeis ameazas sen esquecer a importancia da conciliación, polo que, loitará contra o mal ao tempo que se encarga de preparar as merendas, poñer a lavadora ou cambiar cueiros.
E, no día 28, das 22.30 horas en diante, tocará volver a gozar do cine con Padre no hay más que uno 2. La llegada de la suegra, na que un dos personaxes principais parece ter todo baixo control ata que lle revelan a noticia inesperada da chegada dun novo bebé e a aparición da sogra.
Ámbalas citas serán no Cantón da Leña.



