Unha xornada de piragüismo en Outes pon o broche de ouro aos Campamentos de Verán de Lousame, nos que participaron 100 nenos/as

15 Xullo 2022

O Concello de Lousame vén de clausurar os seus Campamentos de Verán, que reuniu a máis de 100 nenos e nenas, de idades entre os 6 e os 14 anos, e que tivo lugar do 11 ao 15 de xullo. Uns campamentos que recuperaron as actividades lúdicas, culturais, deportivas e de natureza pre-pandemia como as saídas á piscina, a excursión ao Aquapark de Cerceda, os inchables, tiro con arco, festa da escuma, holy race, a velada nocturna, zumba ou a gran festa de despedida.
Entre as novidades deste ano estivo a actividade de hoxe: unha saída ao Barco Dragón, organizada en colaboración co Club de Remo Taxamar de Outes e en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo. Así, a rapazada desprazouse en dous autobuses ata as instalacións do club en Outes, dende onde os máis maiores desfrutaron das súas propias piraguas, mentres que os máis pequenos se montaban en grupos de 20 rapaces e rapazas no Barco Dragón, deseñado especialmente para estas actividades xa que non pode volcar.
A concelleira de Xuventude e Voluntariado, Silvia Agrafojo, destacou que “a rapazada pasouno moi ben nesta saída” e aproveitou para “agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado xuvenil, sen cuxa participación sería imposible desenvolver este tipo de actividades”. Así, ademais dos monitores dos Campamentos, por cada grupo de 10 nenos e nenas estaban dispoñibles 3 mozos/as voluntarios/as.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...