Clausura do Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns que se levou a cabo no curso 2021-2022

14 Xullo 2022

O Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro, que desenvolveu o Concello de Boiro durante o curso 2021-2022, chega ao seu fin. No acto de clausura, que se celebrou esta mañá no Pazo de Goiáns, participaron o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Promoción Económica, Carlos Muñiz, o xefe de servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica, Pedro Pablo Lorenzo, e a directora do Obradoiro, Lidia Santos.
Un total de 20 alumnos e alumnas participaron nesta formación que estivo dividida en dúas modalidades que se impartiron entre os meses e outubro de 2021 e xullo de 2022. Impartiuse a de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. “Decidimos apostar pola formación en forestal porque é necesario diversificar os sectores da comarca e porque temos uns espazos naturais marabillosos que poñer en valor”, afirmou o alcalde.
O alumnado contou cun contrato de traballo a tempo completo para a formación e aprendizaxe de 40 horas semanais, durante 9 meses, en horario de 7.30 a 15.30 horas. Ademais da formación teórica, o alumnado desenvolveu traballos de formación práctica no acondicionamento da finca de Goiáns e a
contorna dos castros de Neixón. “Temos un nivel de satisfacción moi alto co traballo realizado e demostrouse que en moi pouco tempo o alumnado adquiriu unhas grandes cualidades profesionais”, afirmou o concelleiro.

O Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro das axudas e subvencións para obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. “Dende a Consellería seguiremos apostando por este tipo de formación para ofrecer saídas laborais en sectores que contan cunha alta demanda de emprego”, afirmou o xefe de servizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.