O PBBI propón que a vella lonxa de Ribeira acubille os labores dos redeiros

25 Outubro 2019

O PBBI levará ao pleno de Ribeira unha moción para que a antiga lonxa de Ribeira acolla a actividade dos redeiros que actualmente se atopan nunha explanada do paseo das Carolinas. A formación manifesta que esta iniciativa estaba recollida no seu programa electoral, ademais de que a superficie na que traballan actualmente os redeiros sexa habilitada como zona de aparcamento, “que permita paliar en parte a falta de espazo de estacionamento nesa parte da cidade.”

Así mesmo, o partido liderado por Vicente Mariño de Bricio enumera unha serie de incidentes que se produciron no vello edificio unha vez desocupado polos traballadores do sector do mar, considerando que “a mellor maneira de acabar con eses problemas é darlle un uso adecuado a ese inmoble, e que mellor utilización que servir para que os redeiros poidan desenvolver o seu traballo baixo cuberta e non á intemperie como actualmente.”

Por todo isto, o grupo municipal insta á adopción de acordos no que respecta a que o Concello de Ribeira solicite a Portos de Galicia destinar a antiga lonxa ao uso por parte dos redeiros, “para que poidan desenvolver o seu traballo en mellores condicións que actualmente”; así como que a explanada citada anteriormente se dedique a zona de aparcamento, “e desa forma se solucione en parte a falta de espazo para estacionamento que hai na Avenida das Carolinas e as súas proximidades.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.