Os socialistas de Ribeira solicitan a limpeza dos ríos e regatos do concello

25 Outubro 2019
Desbordamento do río Sanchanás no 2016

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno un rogo relativo á limpeza de ríos e regatos do municipio co obxectivo de evitar desbordamentos e inundacións, enumerando os acontecidos nas últimas datas en determinados puntos da nosa xeografía “con daños de indeterminada cuantificación dineraria, e tamén persoal e patrimonial.”

Así, os socialistas requiren que se proceda á adecuación dos ríos e regatos do concello, “eliminando toda clase de maleza, troncos, etc., que podan causar atrancos e posteriores inundacións no noso municipio.” Algunhas das propostas que citan para efectuar os mencionados labores son o río da Mámoa (canalización Rosalía de Castro), Ameneiro, Grande, Listres e Esteirón, incidindo tamén no caso do Sanchanás.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.