Os Heredeiros da Crus presentan disco, rachan o YouTube e inician a xira Europrea

24 Outubro 2019

Hai grupos aos que se lles agradece especialmente o esforzo por continuar no tempo e estar aínda entre nós, con todo o que ten chovido. Un destes grupos é a banda ribeirense Heredeiros da Crus, que están estes días presentado novo disco (Derretidos), nova xira e enerxías renovadas para escandalisar certo tipo de orellas, certos auditorios e maila rede social YouTube. Por certo que no YouTube, o seu novo tema (Esquimales) anda xa preto das 18.0000 visualizacións dende a súa subida (o 10 de outubro), o que non está nada mal se temos en conta que a rede social púxose pudorosa co vídeo en cuestión e acompáñao dunha advertencia de linguaxe incorrecta potencialmente ofensiva, algo que, coñecéndoos, de seguro que é un eloxio para os integhrantes da banda. O novo traballo discográfico é a escusa perfecta para unha nova xira. A ampla comunidade de seareiros, por suposto, encantados.

Derretidos, que chega media ducia de anos despois do seu anterior LP (Jard Rock con Fe) e tres logo do seu último single (Buscando a Superfama), está composto por doce contundentes cancións con todos os trazos orixinais de Heredeiros presentes (o humor, o galego, a retranca, a contundencia rockeira) e algún que outro máis de agasallo. Polo tanto, a fórmula é a mesma de sempre pero renovada a base de fortalecerse: é coma se os instrumentos tiveran pasado, da man do produtor Iago Lorenzo, unha tempada de máxima relación preparándose para unha ghalerna. E falando de trebóns, que se prepare o mundo. Logo da presentación do disco os días pasados no Festival Arrecife en Vivo de Lanzarote, a banda integrada por Javi Maneiro, Fran Velo, Tonhito de Poi, Tucho Novo Tuchiño e Manu Rey, iniciará un itinerario (a xira Europrea) por Londres (2 de novembro), Barcelona (9 de novembro), Madrid (23 de novembro), Santiago de Compostela (30 de novembro) e Xenebra (7 de decembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.