A festividade do Carme do Castelo recupera na Pobra o seu esplendor a partir do 15 de xullo

30 Xuño 2022

A festividade do Carme do Castelo regresa á Pobra do Caramiñal despois de dous anos sen se poder celebrar por mor da COVID-19. Para tal ocasión, o Concello e a comisión de festas lanzan unha programación cunha vertente relixiosa, cultural e lúdica. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e o presidente e tesoureiro da devandita entidade, José María Abuín e Ricardo Santamaría, respectivamente.

As actividades arrincarán no 15 de xullo coa actuación de The Cachas & Cousins, ás 22.30 horas, na praza do Emigrante.

A xornada do sábado 16 estará marcada polo folclore galego. O lanzamento de bombas de palenque, ás 09.00 horas, anunciará o comezo do día para, ás 10.00 horas, dar paso ás alboradas polas parroquias a cargo de Caraveiros, Trécola e Pequenos do Barbanza. A tradición continuará con Arrancadeira, a partir das 13.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán; e co pasabares con Faíscas da Pontraga, ás 20.30 horas. Xa pola noite, a praza Alcalde Segundo Durán acollerá, das 22.00 horas en diante, o VI Festival Folk con A Requinta da Laxeira e Pandeireteiras Sen Fronteiros.

A mañá do domingo 17 espertará, ás 09.00 horas, coas bombas de palenque para que, ás 10.00 horas, a música volva ás parroquias, desta vez da man de Xiada e Banda de Música Ateneo Musical da Pobra. Este último grupo retornará ao centro da localidade para ofrecer unha actuación ás 12.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán. Pola tarde, ás 19.00 horas, oficiarase a Misa solemne na honra da Virxe do Carme na igrexa parroquial de Santiago da Pobra do Deán e, deseguido, sairá en procesión marítima. E a noite estará amenizada, a partir das 22.00 horas, por unha nova sesión da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, no Cantón da Leña.

Ademais, do día 8 ao 16 haberá novena no referido templo, ás 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...