Identificado un ribeirense con drogas e armas prohibidas

24 Outubro 2019
Cedida

A Policía Local de Rianxo procedeu no día de onte, 23 de outubro, á identificación dun varón de 44 anos e veciño de Ribeira ao cal lle foron ocupadas varias cantidades de diversas sustancias estupefacientes e armas prohibidas, procedéndose á instrución das dilixencias oportunas por un delito contra a saúde pública.

As cantidades de droga intervida foron 20’56 gramos de cocaína, 19’5 gramos de heroína e 3’5 gramos de speed, as cales, unha vez preparadas para a súa distribución na rúa, proporcionarían, aproximadamente, 88 doses de cocaína, 168 doses de heroína e 16 doses de speed. Ademais, fóronlle intervidas 5 armas brancas, unha defensa extensible e outros efectos.

Con esta intervención, a Policía Local de Rianxo da por desartellado un punto de menudeo de drogas no municipio.

Esta actuación enmárcase no dispositivo establecido no Plan de control de venda e consumo de estupefacientes en zonas de ocio e proximidades de centros escolares, que se está a efectuar en colaboración co persoal do posto da Garda Civil desta localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.