Licitada a aplicación dun novo aglomerado nunha vía da parroquia ribeirense de Corrubedo

24 Outubro 2019

O Concello de Ribeira informa da licitación consistente na dotación de novo aglomerado á rúa Atalaia, en Corrubedo, unha das máis transitadas da parroquia ao servir como unha das principais vías de entrada e saída de tráfico rodado. Esta intervención conta cun orzamento que ascende a 51.627 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan de Obras e Servizos (POS) provincial.

Desde o Concello manifestan que o pavimento desta rúa está bastante deteriorado, razón pola cal se elaborou un proxecto dirixido a mellorar o firme cunha nova pavimentación asfáltica de 6 centímetros de espesor por unha extensión de 1.018 metros cadrados, previo fresado parcial do actual pavimento e limpeza das marxes.

O prazo de execución son dous meses e as empresas interesadas dispoñen ata a medianoite do 28 de outubro para presentar as súas ofertas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.