Siradella firme candidato ao cetro dourado da Ramiro Carregal Rey Arrincou a XXII edición da Regata

18 Xuño 2022


Primeira xornada de travesía costeira, con 25 millas de trazado (un 50 km.) entre as rías de Muros-Noia e a de Arousa, cun gran protagonista, o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, do Real de Portosín, que apostaron pola estratexia baseada na experiencia e coñecemento da zona de navegación, postulando xa a súa candidatura ao triunfo final.
Os do Siradella souberon ler as continuas variantes na dirección do vento, as súas subidas e baixadas en intensidade e o estado da mar, que á altura de Corrubedo ofrecía unha molesta onda de contraste, pola
súa proximidade a terra, que dificultaba os rumbos. Nesta tesitura tamén se atopaba o Corsario, de Javier Durán, do Club de Iates de Vilagarcía, ofrecendo ambos os veleiros un digno espectáculo de combinación de tácticas.
Co Yokounkoun III, de Adolfo Castro, do Club Náutico de Portonovo, pechábase o podio provisional, tanto da xeral como de clase Regata, coincidindo os tres banzos do podio por esta orde.
En Cruceiro/Regata é líder o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte, ocupando a segunda praza o Ronáutica Mariñas, de Jorge Carneiro, do Club Náutico San Telmo, sendo terceiro o Impersión 3D Atlántico, de Guillermo Blanco, do Real Club Náutico da Coruña.

O podio dos Cruceiro está liderado polo Galopín- Success Scream, de Manuel Franco, do Deportivo de Ribeira, ocupando a segunda praza o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro,
pechando no bronce o Orlando, de Manuel Bermúdez, do Ro Yacht Club de Combarro.
A segunda proba a disputarse na xornada dominical, será tamén un percorrido costeiro, pero de menor distancia – 15 millas náuticas -, un 30 km. e que terá por misión circunnavegar a Illa de Sálvora. Tras a súa
finalización celebrarase a entrega de premios, presidida por Ramiro Carregal Rey, na carpa instalada no porto deportivo de Riveira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.