Adxudicado o saneamento da Cucheriza, en Olveira (Ribeira)

15 Xuño 2022

O Concello de Ribeira vén de anunciar a adxudicación da obra destinada a dotar de saneamento municipal aos veciños do lugar da Cucheriza, situado na parroquia de Olveira. A empresa adxudicataria é Transmaser Excavaciones, S.L. e o importe estimado da actuación é de 80.226,33 euros.

Para alcanzar o obxecto vaise colocar un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e 956 metros de lonxitude dende a estrada DP-7103, dispoñendo pozos de rexistro cada 40 metros. A infraestrutura conectará coa rede xeral que vai de Artes a Corrubedo.

A actuación está incluído no POS+2021 e ten un prazo de execución de tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.