Mantense para o martes a influencia anticiclónica e o aire cálido sobre Galicia. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con algún intervalo de nubes altas. Polo litoral Atlántico irán entrando brétemas que se estenderán a toda a costa co avance do día. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán na franxa atlántica e ascenderán de xeito moderado no norte de Lugo. O vento soprará frouxo de dirección variable, predominando o nordés na costa norte.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 18° 28° |
| Temperatura da auga (°C) | 17° |
| Índice ultravioleta máx. | 9 |

O NOSO MAR: Vento variable, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:25 | 3.7 m |
| Baixamar | 10:32 | 0.5 m |
| Preamar | 16:48 | 3.9 m |
| Baixamar | 23:02 | 0.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:18 | 3.6 m |
| Baixamar | 10:25 | 0.6 m |
| Preamar | 16:41 | 3.8 m |
| Baixamar | 22:53 | 0.5 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:22 | 3.7 m |
| Baixamar | 10:29 | 0.5 m |
| Preamar | 16:45 | 3.8 m |
| Baixamar | 22:58 | 0.4 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



