Xoel López, Heredeiros e Sés, cabezas de cartel do Festival das Carrilanas de Esteiro

07 Xuño 2022

As Carrilanas e o seu Gran Prix da localidade muradá de Esteiro regresan este verán tras dous anos de pandemia.

O cartel musical do Festival dás Carrilanas entre os días 15 e 17 de xullo, fará que soen en Muros algunhas das bandas e autores galegos máis relevantes na actualidade, acompañados doutras bandas cunha variada oferta musical na que primará a festa.

Así, o coruñés Xoel López e os barbanceses Heredeiros da Crus aparecen como cabezas de cartel, aínda que a segunda liña de nomes ben poderían acompañar á primeira, xa que a presenza da cantautora coruñesa Sés e o inclasificable e, segundo os organizadores, “sen dúbida, ou mais demandado para este festival” Ortiga, vese completada cos cataláns Itaca Band coa súa proposta de reagge- ska, Venturi, banda madrileña do punk-rock e, sobre todo, tres bandas muradás que deron ou van dar moito que falar.

RES BANDAS LOCAIS NO CARTEL

O Festival das Carrilanas contará con algunha das bandas locais que máis impacto tiveron nos últimos anos como é o caso de o garaxe-punk de Terbutalina e The Rapants e a súa proposta pop-rock mesturada sons discotequeros, e o pop de Capital Voskov.

Xunto a todos eles, a compostelás Banda dá Loba completan o cartel do Festival dás Carrilanas que, como din os seus organizadores, “fíxose de rogar”, pero que mereceu a pena xa que supón “un festival para toda a familia.

Outros artigos

Aviso en Noia dunha posíbel contaminación da auga para consumo

O Concello de Noia emitiu un comunicado no que advirte á veciñanza dun episodio de posíbel contaminación da auga para consumo doméstico que faría necesario, até novo aviso, o uso de recursos alternativos para que as familias se abastezan. Ao parecer, o episodio tería...

+

Porto do Son celebra as Letras Galegas con música tradicional

O Concello de Porto do Son vai celebrar con música tradicional o Día das Letras Galegas, este 17 de maio, adicado á poeta coruñesa Luísa Villalta. Así, ademais das mancheas de actividades conmemorativas que se están a desenvolver estes días nos centros educativos do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...