Os 100 dos International Trekkers celebran esta finde a súa nova ultra-camiñada

19 Xuño 2019

O deporte é superación pero Os 100 dos International Trekkers é iso e moito máis. Para comezar, trátase da primeira proba de 100 quilómetros de ultra-andaina excursionista que se celebra en Galicia, o que nos dá unha idea (máis que clara) das esixencias de posta punto e tempo libre que se requiren dos participantes: se estendes o percorrido de cada proba, case cruzas o mapa da nosa terra de punto.

Porén, do que se trata (máis que de consumir quilómetros e distancias a eito) é de centrar esforzos nunha área xeográfica concreta, co fin de degustala e enchouparse nela. Igual ca en anteriores edicións, a proba localízase en Barbanza, esta finde que vén, os días 22 e 23 de xuño.

Será un continuo discorrer montañeiro polos principais espazos naturais e paisaxísticos dos sete concellos: Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Porto do Son, Lousame e Noia. A saída será na praza de España de Ribeira e a chegada no pavillón deportivo de Coroso de Ribeira.

Os 100 dos International Trekkers, para quen non o saiba a estas alturas, é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 quilómetros a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

O percorrido deste ano terá avituallamentos na praia da Corna, Pobra, Mosquete, Muíño, Cea, Moimenta, A Graña, O Curro, Moldes e o monte de San Alberto, o que nos dá unha idea dos emprazamentos polos que vai discorrer.

Na organización desta rechamante ultra-proba atópase xente como o noiés Xaíño Méndez Froján, que é o director deportivo dos 100 dos International Trekkers. Segundo apuntou os días pasados, co fin de permitir a máxima participación apostouse este ano por un trazado de entrada máis predominantemente chairo (case a primeira metade do percorrido) para logo meter o itinerario en faena (a suba á serra do Barbanza). Nesta convocatoria de 2019 o número de inscritos (número récord) é de 266 camiñantes. A proba seguirá a facer gala dun marcado compromiso medioambiental: non se xerará ningún plástico que poida ficar a pé de camiño.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.