Na Pobra entregados os diplomas ás persoas participantes no curso de operacións básicas en cafetaría e bar

27 Maio 2022

As persoas participantes no curso de operacións básicas en cafetaría e bar recibiron neste 27 de maio
os diplomas que acreditan a súa formación da man da concelleira do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo (BNG).
A materia dividiuse en dúas partes: unha específica de camareiro/a e outra de manipulación de alimentos. Ademais, existe un compromiso de contratación, polo cal 5 das persoas asistentes comezarán a traballar
unha vez finalizado este período.
A dita acción naceu da man da Administración local logo das conversas mantidas co sector da restauración. A edil incide na importancia deste tipo de iniciativas como mecanismos de cualificación laboral para mellora-la formación e a empregabilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.