O BNG de Ribeira pide mellorar o mantemento e a seguridade nos peiraos

11 Maio 2022

O Bloque Nacionalista Galego, a través do concelleiro Luís Pérez Barral, rexistrou unha iniciativa para demandar maior mantemento, seguridade, limpeza ou investimentos nos portos. Segundo fixo saber a agrupación, “ao longo dos últimos anos foron diversas as iniciativas presentadas polo Bloque para demandar a Portos actuacións nos peiraos do municipio; sendo a última actuación solicitada polos nacionalistas o cambio da madeira que hai na Lonxa de Ribeira, actuación que se levou a cabo no último trimestre de 2021”. En palabras do BNG, “calquera persoa que dea unha volta polas instalacións e terreos portuarios do municipio sexa por Corrubedo, Castiñeiras, Palmeira, Aguiño ou Ribeira, atopará farois apagados, escaleiras de acceso ás embarcacións rotas, varandas de protección completamente enferruxadas ou unha cantidade considerábel de lixo que moitas veces acaba no mar”.

Pérez Barral indica que “Portos debe manter en boas condicións as instalacións portuarias tanto por ser unha zona de traballo para os mariñeiros como por ser zonas de uso público para a veciñanza”. Segundo o concelleiro “ser titular de terreos non só debe servir para ter os beneficios que lle reporta o cobro das taxas á hostalaría polas terrazas ou os beneficios por permitir a realización de actividades que se desenvolven nos seus terreos, por poñermos uns exemplos, senón que tamén debe selo para cumprir coas súas obrigas de mantelos en bo estado de mantemento e nunhas condicións axeitadas”.

A formación nacionalista critica a Portos e ao Concello polo que considera “unha actitude de desleixo”. Desde o BNG engaden “que o Concello de Ribeira xa custea a limpeza e a iluminación dalgunhas zonas de titularidade portuaria por ser de interese xeral para a veciñanza do municipio, mais considera que o Goberno local debe esixirlle a Portos de Galiza que, de querer conservar a titularidade desas zona debe mantelas en condicións. No caso contrario, debería cederllas ao Concello de Ribeira para que sexa esta institución a que teña a titularidade para poder mantelas nunhas condicións óptimas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.