A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen tres incendios nos concellos coruñeses de Muros, Cee e Rois

09 Maio 2022

A Policía Autonómica e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceron tres incendios na provincia da Coruña, dous deles acontecidos o pasado 25 de abril nos concellos de Cee e Rois e outro o 28 de abril no de Muros.

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da sede de Santiago de Compostela, en colaboración con persoal da UIFO, resolveron de forma coordinada e conxunta a autoría dos lumes que se produciron, nos tres casos, debido á realización de queimas nas que non se levaron a cabo todas as medidas de seguridade pertinentes. Os feitos comunicáronse á Consellería do Medio Rural, se ben as queimas non se atopan prohibidas nas datas nas que se rexistraron os incendios.

Os lumes producíronse nas parroquias de Ameixenda, en Cee; de San Miguel, en Rois; e na de Tal, en Muros, cunha superficie afectada de 1.600 metros cadrados en cada un dos dous últimos casos.

As dilixencias foron remitidas aos Xulgado de Instrución de Garda de Corcubión, Padrón e Muros, respectivamente.  

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 22 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.